Concertos

Actos

Rider

Comunidade

Galeria

Loja

Contacto

Ligaçons

A. C. A.

Inicio

 

 

 

 

BASES:
II Concurso Fotografico “ Foto no Magosto”

BASES PARA O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “FOTO NO MAGOSTO”.

1.- Poden participar todas as persoas que o desexen a razón dunha fotografía por persoa..
Non poderán participar ningún membro do xurado nin da xunta directiva da Agrupación Cultural Auriense, así como os seus familiares de primeiro grao.

2.- Tema: " FOTOGRAFÍA NO MAGOSTO". 
O xurado valorará especialmente aquelas fotos onde se poida contrastar que a fotografía se realizou nun magosto e no ano en curso.

3.- Establécese unha única modalidade, con técnica libre. Poderán presentarse tanto fotos en branco e negro, ou en cor, realizadas con cámaras dixitais.

4.- As fotos deberanse presentar en formato dixital con calidade de resoluzon para un tamaño de impressiom de 30x20.
No exterior do sobre no que se presente a fotografia consignarase o título e un pseudónimo que deberán constar asimesmo no exterior do formato, acompañarase no interior do sobre outro pechado no que consten os seguintes datos: nome, apelido, enderezo, teléfono e un enderezo electrónico do/a fotógrafo/a.

5.- As fotografías entregaranse no local da asociación sito na praza do correxedor 11 baixo no horario de 15:00 a 24:00 horas

6.- O prazo de admisión será do 6 ao 31 de novembro de 2010.

7,-Todas as fotografías recibidas serán expostas na web
www.cafeauriense.eu e na páxina de facebook www.facebook.es/acauriense, co seu correspondente título e, no caso de coincidencia de títulos, o pseudónimo do autor/a, e abrirase un prazo dun mes para que a xente que acceda a paxina de faceboo poda votar entre todas as recibidas.
Para evitar o uso indebido das fotografias expostas na web estas levaran unha marca de auga propia do concurso.
De entre todas as fotografías presentadas as 10 máis votadas polas persoas que accedan á web xunto con outras dez escollidas polos membros do xurado pasarán á fase final que consistirá na súa exposición no local da agrupación durante quince días para que podan seren valoradas polo xurado e polo público asistente á exposición.
O público asistente podera votar pola que considere merecedora do premio que outorgan os/as asistentes á exposición, sendo a fotografía gañadora a máis votada, ao tempo que o xurado escollerá as duas merecentes dos dous premios que este outorga.

8.- O xurado estará composto por un membro da xunta directiva da Agrupación Cultural Auriense e catro membros relevantes do mundo da fotografía, o deseño, o arte, a cultura ou a etnografía os nomes dos cales se darán a coñecer oportunamente.

9.- Premios.
1º premio do xurado - 150 euros 
2º premio do xurado - 100 euros
1º premio do público- 150 euros

Os premios non son acumulativos.
A entrega de premios realizarase nun acto en día e lugar que se anunciará oportunamente debendo os gañadores estar presentes para recibilo.

10.- As fotografías premiadas quedarán en propiedade da Agrupación Cultural Auriense, reservandose o dereito de publicación, sempre mencionando o autor/a.

11.- Devolución das fotografías. As fotografías non premiadas poderanse recoller persoalmente no local da Agrupación Cultual Auriense ata o 1 de xuño de 2011. Nas devolucións por correo, os gastos de envío van a cargo do participante. 
O material non reclamado quedará en propiedade da Agrupación Cultural Auriense.
Se non hai permiso por parte do autor/a non se poderá facer exhibición pública das 
fotografías non premiadas, fóra do que indica o punto 7 destas bases.

12.- Resolucións. O xurado resolverá calquera incidencia, sendo a súa decisión
inapelable.O feito de participar neste Concurso implica a aceptación das bases. A entidade organizadora non se fai responsable de calquera perda fortuíta que se puidese producir.