Ataque Escampe gosta de se definir coma rock de
serie B porque partindo dunha instrumentación sinxela ofrece
unha proposta musical que trata de ser sólida e autónoma,
encadrable nunha traxectoria antivirtuosa prácticamente
inédita na Galiza, na xenealoxía que se podería
trazar desde Neil Young ata Violent Femmes pasando por Jonathan
Richman, estendendo estraños tentáculos que rozasen,
por exemplo, a Xil Ríos. O rock de serie B é un
xeito de entender a música que abrangue un inxente abano
de xéneros, dende o bolero ao punk, pasando polo vals,
o tango, a canción popular galega, o country, o fox-trot,
o rock ou a rumba. O funcionamento como grupo sen destacar autorías
no seu interior, o emprego do galego como única lingua
e a reciclaxe de músicas malditas completan a filosofía
dunha banda que practica o "do it yourself" máis
brutal, poético e desvergonzado que poida caber nun formato
maioritariamente acústico.
Sabado 25 de Abril
Hora: 21:30
Bilhete: Incremento de 1€ em consumizom
durante o concerto
http://www.myspace.com/ataquescampe