O 11 de novembro de 2007
a Agrupación Cultural Auriense está de aniversario. O
día de San Martiño do ano 1967 nacía ao abeiro
da Lei de Asociacións de 1964. Corenta anos dunha historia cultural
non allea aos tempos que a viron nacer e medrar. Antes de que a A.C.
Auriense vise a luz, outras asociacións tiñan encetado
un camiño na procura da normalización cultural e lingüística
do noso País: A.C. O Galo, A.C. O Facho, Asociación Cultural
de Vigo e o Clube Cultural Valle Inclán. Logo viñeron
outras: Asociación Amigos da Cultura, Abrente
Desde Nemesio Barxa Alvarez,
primeiro presidente da A.C. Auriense até Norberto Tabarés
Feixóo, o actual, lideraron as diferentes etapas da agrupación
Xesús Ferro Couselo, Xosé Lino Vázquez Moxardín,
Antón Romasanta Vilarchao, Xosé Lois González Vázquez,
Millán Picouto Iglesias e Héitor Real Arregui. Sen esquecer
a presidencia honorifica de D. Ramón Otero Pedrayo na primeira
etapa.
Esta longa andaina tivo
como percursores a un grupo de vellos galeguistas que se xuntaban no
Café do Miño e a un grupo de mozos, estudantes de magisterio,
os do Café Coralín: Xesús Ferro Couselo, Ramón
Otero Pedrayo, Eleuterio González Salgado, Bieito Fernández
Álvarez, Xaquín Lourenzo, Salvador Rey Domínguez,
Antón Fernández Sánchez, Carlos Guitián,
Nemesio Barxa Álvarez, Pedro Merino Gómez, Santiago Docampo
Figueiral
So o Nome dos que hai
corenta anos posibilitaron o nacemento da agrupación e dos que
baixo a súa presidencia lle deron continuidade, agóchase
tempo e traballo de homes e mulleres que conscientes da realidade cultural
do País, lle deron forma a múltiples ideas, unhas veces
recollidas da memoria outras exercendo de vangarda.
A recuperación
ou participación en festas ou tradicións populares (maios,
magostos, entroido, noite de San Xoán
), a aneciada, reivindicada
e necesaria normalización lingüística (participación
nas campañas do idioma organizadas pola AN-PG, Carreiras polo
idioma "360 e cinco días de letras galegas"
),
creación e participación en concursos literarios ("Xornadas
de narracións infantís", concurso de poesía
"Ramón Cabanillas"
), exposicións, cursos
de música e baile ou teatro, xornadas de cinema, concertos, teatro
e guiñol.. e tantas outras expresións que ao longo destes
anos habitaron nun espazo común: o do compromiso pola dignificación
cultural de Galiza.
Presente na fundación
da Federación de Asociacións Culturais Galegas (1982),
a A.C. Auriense fixo da colaboración con outras asociacións
fose un dos seus sinais de identidade, posibilitando nestas catro décadas
o achegamento de distintas xeracións de mozos e mozas que desde
o asociacionismo cultural descubrirán a necesidade de implicarse
coa lengua, coa cultural co País.
Poetas, economistas, historiadores, pintores, músicos
pasaron
pola Auriense.
O pouso que fica, fai parte xa, da memoria colectiva dun tempo.
Parabéns Auriense.
Agardamo ofrecerche frores no próximo outono.