Comezar de novo e caminhar a modo, inventando o caminho...
Esta é a consigna da que parte O Sonoro Maxín com convencimento.
Sabendo que a creatividade é imaxinaciom, e que para crear há que caminhar, cóntam-nos como tudo tem mha onda sonora que nos fai mover e actuar com toda a forza do corazom, uma onda que transmite directamente de peito a peito, sem intermediários. Éssa é a máquina sonora, a imaxinaciom sonora.
Está formado por: Abraham el niño( guitarras), Xurxo Brea( baixo), Cristina Asenjo( acordeom), Samuel S. Figueiras( maquinilho e trompeta), Jaime Mateo( batería e percusión), Marcos Vázquez( percusión), Miguel Xanceda( son) e Ico( voces e guitarra).
Neste afam de caminho continuo ,O Sonoro Maxín anda á procura dum baile sem fim, duma máquina creativa que nos faga mover ao ritmo da onda que marca. E para isso apelam á verbena e á cumbia, a soberana absoluta das verbenas, que converte o torréiro da festa num baile tropical onde cada quem manda no seu jeito de danzar, onde cada quem inventa o seu próprio baile. Esta máquina sonora, este caminhar imaxinativo vai dende a cumbia á rumba, dende o reggae ao ska, actualizando a verbena e traéndo-a até a fusiom musical do s. XXI.
Volve a imaxinaciom, volve a máquina, volve a onda sonora que caminha sem fim...
"...Bailar de novo, cantar de novo e sorrir de novo co Sonoro Maxín..."
Venres 11 de Xunho
Hora: 21:30
Bilhete: 4 €
http://www.myspace.com/osonoromaxin